Lores visitará os campos saharauís para amosar o seu apoio á autodeterminación deste pobo

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá a unha delegación da República Árabe Saharauí Democrática, coa Ministra de Cultura ao fronte. Neste encontro Lores comprometeuse a amosar o seu apoio e visitar os campamentos saharauís  para coñecer de primeira man a realidade na que viven. 

 

A Ministra de Cultura Saharauí amosou o seu agradecemento polo apoio recibido dende o concello de Pontevedra onde se levou o compromiso de que o alcalde da cidade do Lérez irá a visitar os campamentos saharauís para coñecer de primeira man a realidade na que viven e amosar unha vez máis o apoio a autodeterminación do pobo saharauí que eles tanto defenden. 

A Ministra amosou esta mañá a súa preocupación pola situación de conflito que están vivindo dende hai anos con Marrocos e tamén pola situación dos presos políticos que loitan en paz pola autodeterminación do pobo saharauí. Actualmente hai 54 presos políticos e 450 saharauís desaparecidos. A ministra dixo esta maña que dende este pobo séntense esquecidos pola comunidade internacional, especialmente polo Goberno español. 

Esta é a primeira visita da Ministra a unha cidade Galega, mañá estará en Santiago onde se reunirá co conselleiro de cultura e o alcalde da capital galega e o luns terá presenza no Parlamento Galego. Están son soamente algunhas das paradas que realizará e Hamdi quen ten moi claro que dende o Fronto Polisario continuarán loitando pola autodeterminación do pobo saharauí custe o que custe. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/sahara_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/sahara.mp4{/flowplayer}