PONTEVEDRA> O Concello recibiu esta mañá a visita de Fernando Abilleira. O enxeñeiro da NASA impartirá a vindeira semana unha ponencia na cidade na que pretende achegar o seu traballo aos mozos pontevedreses. Ademais, nesta conferencia avanzará todas as novidades da misión Mars 2020.
Mars 2020. Ese é o proxecto no que está traballando Fernando Abilleira. O enxeñeiro da NASA, que visitou esta mañá o Concello de Pontevedra, explicou que esta é unha misión complexa destinada a buscar e recoller evidencias da vida microscópica pasada en Marte. Para elo, enviarase un robot a este planeta que aterrará nun cráter, recollerá as mostras, as almacenará e as deixará na superficie para despois, noutra misión, lanzalas de volta á Terra.
Fernando Abilleira anunciou tamén esta mañá que a NASA regresará á lúa. A misión podería levarse a cabo no ano 2024 e, de facerse realidade, sería a primeira vez que unha muller pisaría á Lúa.
Destas dúas misións e da importancia de investir no espazo falará este enxeñeiro en Pontevedra a vindeira semana.
A conferencia de Fernando Abilleira en Pontevedra levarase a cabo o 8 de agosto ás 20:00 horas no Teatro Principal.









