RIBEIRA> O alcalde de Ribeira desminte por completo as acusacións do PP e insta á súa voceira a unha rectificación pública. Luís Pérez Barral amosou o documento de notificación da comisión enviado o pasado xoves día 30 de xaneiro.
O alcalde de Ribeira quixo tamén defender o labor dos empregados municipais que o PP está a poñer en dúbida polo que esixe unha desculpa pública por parte da voceira popular.