O Plan Móvese da Deputación chega ó Salnés

    ILLA DE AROUSA> Durante o próximo mes comezarán as obras para execución do Plan Móbese da Deputación de Pontevedra. Un programa que busca conseguir un calmado do tráfico nas estradas provinciais e vías urbanas, e que na comarca do Salnés investirá preto de 600.000 euros. Esta mañá presentouse na Illa de Arousa. Aumentar a seguridade vial na rede de estradas provinciais, e reducir a velocidade nas rúas dos cascos urbanos. Son as principais metas que busca conseguir este Plan provincial de mobilidade e volcidade segura. Despois de presentarse noutras comarcas, esta mañá foi a presentación oficial do Plan Móvese para a comarca do Salnés, e o encargado de transmitir os detalles do mesmo ós concellos da zona, foi o deputado provincial de mobilidade, Uxío Benítez. O acto tivo lugar no salón de plenos da Illa de Arousa. Este plan de calmado de tráfico, inclúe a colocación d pasos de peón sobreelevados e reductores físicos de velocidade. En concreto no Salnés, o plan supón unha inversión de case 600.000 euros. O deputado anunciou que mañá mesmo se adxudica este plan e que as empresas comezarán a traballar dentro dun mes. A aspiración é que a finais do verán estén executadas tódalas actuacións. O alcalde da Illa, Carlso Iglesias, aproveitou tamén para anunciar que esta tarde, que un dos temas que se están a debater nestes momentos no pleno do concello, é a peonalización ve varias das rúas do centro histórico do municipio insular. Este debate sobre a humanización do centro da Illa, supón unha modificación orzamentaria na que se habilitarán uns 8.000 euros cuxo destino será completar unha subvención da Unión Europea orientada á redación dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible.