O BNG di que as listas do Xantar Albariñense ‘non son transparentes’

    BNGALBARINO copia.jpg CAMBADOS> Ós nacionalistas non lles cadran as contas entre o número de asistentes falicitado polo concello e o custe que supón ás arcas municipais.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_ALBARINO_set2011.flv{/flowplayer}

    O representante do BNG en Cambados, Victor Caamaño, segue adiante côa súa particular campaña contra o goberno local no tocante á organización do Xantar do Albariño. Unha vez conseguido que lles falicitasen a lista de convidados, os nacionalistas quéixanse agora de falta de transparência. Queren saber canto se gasta exactamente na comida e quen asisten, posto que segundo eles, faltan nomes no listado ofrecido polo PP. Non inclúe ós acompañantes dos convidados e advirten de incongruencias na lista.

    Ademais o BNG denunciou criterios partidistas nas invitacións ao Xantar e unha excesiva representación de cargos públicos. No 2010, o PP admite 278 convidados sen contar cós acompañantes. Mentres que no 2011 serían 221 convidados. Segundo estimacións do BNG o Xantar supón máis de 20.000 euros de cartos provintes das arcas públicas.

    Dende o Bloque Nacionalista Galego solicitan a publicación da lista real de convidados e unha reducción de invitacións para o próximo ano.

    Redacción Salnés