Dous canteiros pontevedreses traballarán nas obras de restauración do Capitolio

Pontevedra> Dous artistas formados na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra traballarán dende o mes de xuño nas obras de restauración do Capitolio. Os canteiros Manuel Rial e Francisco Castro traballarán durante 3 anos na capital dos Estados Unidos nas obras de restauración deste emblemático edificio. A presidenta da Deputación recibiu esta mañá os canteiros que traballarán nos vindeiros tres anos na restauración do Capitolio en Whashington. Silva quixo amosar o seu orgullo e o da Deputación por esta noticia que cualificou de fito e que ven a ser unha mostra da calidade da formación que se ofrece na Escola de Cantería. Orgullo para a Deputación e orgullo tamén para estes artistas que amosarán os seus coñecementos durante tres anos na capital dos Estados Unidos. Manuel Rial e Francisco Castro teñen previsto incorporarse ás obras de restauración do Capitolio o vindeiro 1 de xuño onde levarán a cabo a restauración da ornamentación de pezas en mármore, pedra caliza e granito do Capitolio e das construcións colindantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/canteiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/canteiros.mp4{/flowplayer}