O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues

Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo. 25 anos téñense que celebrar por todo o alto e así o será. O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega con novidades neste 2017. A primeira o Notamoetraxes, un ciclo de cine vencellado co jazz e o blues que se desenvolverá todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. A entrada será de balde, como todo o relacionado co festival, e na carteleira contarán con Ascensor para o cadafalso, The soul of man, Arredor da medianoite e tamén contarán cun apartado especial onde dende o Seminario Permanente de Jazz musicarán en directo a Joris Ivens. No toncante ao groso do festival estará o 21 de xullo Miguel Lamas Quartet, o 23 Santi Quintáns European Quartet, o 24 Cory Henry and the funk apostles, o 25 DeRobert and The Half-Truths e o día 26 para pechar este evento estará Gregory Porter. Neste 25 aniversario do festival a web estará moito máis coidada e en www.jazzpontevedra.com poderán coñecer máis sobre a historia deste festival, facer un percorrido pola súa cartelería, programación e atopar toda a información necesaria deste evento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/festival_jazz_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/festival_jazz.mp4{/flowplayer}