Un San Valentín pasado por auga e moi comercial para os pontevedreses

Pontevedra> E neste 14 de febreiro, día de San Valentín, dende a Federación de Comercio de Pontevedra estiman que máis de 30 mil persoas realizaron agasallos as súas parellas,  o que trae consigo un gasto xeral de máis de medio millón de euros na cidade. Pese a este dato na rúa son moitos os que pensan que o San Valentín é un día comercial e que o amor se debe amosar os 365 días do ano.

Xa o acaban de escoitar, a Federación de Comercio de Pontevedra estima que máis de 30 mil persoas realizaron un agasallo neste día de San Valentín, neste día dos namorados. Pese a este dato na rúa son moitos os que opinan que se trata dunha celebración comercial.

Tamén nos atopamos con xente a que sí que lle gusta esta celebración…

Logo tamén os hai que tiran de chiste neste día dos namorados…

E outros que con este tempo teñen claro que celebrarán este San Valentín ben amarradiños…

Con todas estas opinións na rúa… quedamos con esta reflexión…

Se son dos que non celebran este día dos namorados continúen desfrutando da xornada Local na Boa Vila e se o van a celebrar desfruten da xornada e lembren saír ben abrigadiños e acompañados dun paraugas que o tempo non acompaña nesta noite do día do amor.