O ITU Multisport Festival, primer prexudicado polas eleccións xerais

PONTEVEDRA > O ITU Multisport Festival podería verse afectado pola convocatoria das eleccións xerais o 28 de abril.  O evento está previsto que comece o día 27 e, polo tanto, as probas de duatlón que se ían a celebrar o domingo, poderían trasladarse ao día seguinte. O Concello espera a resposta da Federación Internacional de Tríatlon para buscar a mellor alternativa.

A proba máis importante que se celebrará este ano en Pontevedra, o ITU Multisport Festival, é unha das grandes prexudicadas pola convocatoria das eleccións xerais o 28 de abril. O Concello de Pontevedra considera que é inviable manter a proba de dúatlon o domingo, xa que os axentes da Policía Nacional e Garda Civil que controlan o desenvolvemento da proba, teñen que garantir o acceso dos cidadáns aos colexios electorais.

O goberno municipal pensa que a mellor opción e trasladar as probas previstas para o domingo ao día seguinte, xa que consideran que é a alternativa menos prexudicial para os deportistas.

A pesar deste inconveniente, o Concello presentou esta mañá os trazados do evento, para o que se deseñaron plans específicos e dispositivos por cada área xeográfica e sector de actividade afectado. A intención é comezar a informar á cidadanía sobre os detalles dos dispositivos de seguridade canto antes.

Durante o desenvolvemento deste eventos, haberá arredor de 2.000 valados, 1.300 sinais e máis de 700 persoas que traballaran para garantir a seguridade na proba.

Coa celebración do ITU Multisport Festival, Pontevedra recibirá a máis de 4.000 deportistas.

Comments are closed.