As Rías Baixas acollerán a Tea Masters Cup, unha competición de té a nivel internacional

PONTEVEDRA> O Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, acollerá o vindeiro 29 de xuño unha das competicións máis importantes a nivel internacional dentro do mundo do té: a “Tea Masters Cup”.  Un evento no que se elixirá ao gañador que representará a España na gran final desta cita e que reunirá a profesionais de 23 países diferentes.

As Rías Baixas volverán a ser un referente do mundo do té. Nada máis e nada menos que coa celebración da Tea Masters Cup. Unha das competicións deste sector con máis relevancia a nivel internacional e na que participan representantes de 23 países.

O obxectivo principal desta competición é a promoción da excelencia do té. Ademais, a organización pretende que a celebración da Tea Masters Cup, que é a segunda que se celebra en España, sirva para amosar Galicia como un referente turístico e como un posible lugar de acollida da final internacional.

Dentro do programa da Tea Masters Cup destacan as catas abertas ao público, a gran cerimonia do té e as diferentes ponencias. Conferencias coas que se pretende dar a coñecer a calidade e a variedade do té galego.

A competición será o día 29 de xuño no Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía. O que resulte gañador desta proba, representará a España no certame internacional.