O BNG solicita máis medidas de seguridade ante a vaga de roubos

    POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila. A vaga de roubos que afecta a Pobra dende hai semanas, non só en establecementos comerciais senón tamén en vivendas, está a xerar certa alarma social entre a veciñanza. Para reforzar a seguridade cidadá, o BNG pide ó goberno local a adopción dunha serie de medidas, como a convocatoria da xunta de seguridade local, que levarán a pleno a próxima semana. Tamén demandan a necesidade de incrementar a presenza das forzas de seguridade na vila. Lembran que hai uns anos se chegou a un acordo co Ministerio de Interior polo que se cederon dependencias municipais para albergar un destacamento da Garda Civil. >Din, sen embargo, que non funciona con regularidade. De non cumprirse os obxectivos da cesión, o BNG aposta por exercer o dereito de recuperación do inmoble para uso municipal.