A FGCN inaugura unha exposición de arte contra a droga

    fundacion_narcotrafico100.jpgPONTEVEDRA> Divulgar entre a mocidade a arte como actividade de lecer saudable. Este é un dos obxectivos da mostra Saudarte.

    {flowplayer}images/salnes/FUNDACION_NARCOTRAFICO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Divulgar entre a mocidade a arte como actividade de lecer saudable.

    Este é un dos obxectivos da mostra Saudarte, arte contra a droga, que promove a Fundación Galega contra o Narcotráfico. A exposición inaugúrase o vindeiro luns no centro Caixanova de Pontevedra, onde se poderá visitar ata o 2 de xullo.

    Trátase dunha mostra itinerante que recolle obras realizadas por 18 alumnos de Belas Artes e tamén 20 traballos artísticos de persoas que quixeron participar de forma individual. Esta exposición albergará fotografía, pintura, instalacións, entre outras manifestacións artísticas, feitas expresamente para o espazo no que van ser expostas, o centro Caixanova.

    Nesta actividade colaboran a Deputación de Pontevedra e Caixanova.

    Redacción Salnés