Feijóo destaca a ‘fortaleza e capacidade’ de Jealsa para recuperarse da traxedia

BOIRO> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá as instalacións de Jealsa, no Bodión, tras o incendio deste sábado. Nun encontro cos responsables da conserveira garantiu o apoio do Goberno Autonómico ca compañía. O titular da Xunta tamén gabou o labor desenvolvido polos equipos de emerxencia que, co seu traballo, salvaron a maior parte das instalacións.

Despois de realizar un percorrido polas instalacións da conserveira que resultaron danadas polo incendio e manter un pequeno encontro cos responsables da compañía, o titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo, mostrou o seu apoio incondicional ó grupo empresarial, do que destacou a súa fortaleza e capacidade.

O presidente da Xunta quixo aproveitar a visita para destacar tamén o labor desenvolvido polos equipos de extinción que posibilitou, despois de case sete horas de arduo traballo, poder salvar a maior parte das instalacións, algo impensable nun primeiro momento.