Os ex socios de Gonzalo Pita sorprendidos ante o novo bipartito de Sanxenxo

    SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da “boa sintonía” mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de “vinte prazas de aparcamento”. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/valoracions_bng_psoe_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/19/valoracions_bng_psoe_sanxenxo.mp4{/flowplayer}