Bamio terá procesión con santos por San Xoán

    bamio100_200608.jpgVILAGARCÍA > O conflicto xerado en Bamio entre os veciños e o cura párroco por mor das chaves da capela de San Xoán non vai a impedir…

    {flowplayer}images/salnes/bamio.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O conflicto xerado en Bamio entre os veciños e o cura párroco por mor das chaves da capela de San Xoán non vai a impedir que mañá sábado se celebre nesta localidade de Vilagarcía a correspondente procesión con Santos. A comisión de festas decidiu ir comprar a última hora unha figura de San Antonio. Este pequeno San Antonio, xunto ca cabeza de San Xoán xa existente na capela, serán os que saían en procesión mañá ás doce da mañá desde a Igrexa Parroquial de Bamio ata a antedita capela.

    Nesta procesión non haberá cura, posto que o cura substituto que mandaron desde o arcebispado para oficiar as misas destes días, é bastante maior e o recorrido sería moi duro para el. Deste xeito remata, polo de agora, a polémica co cura párroco de András Leopoldo Barreiro que esixía estas chaves, que abren a capela de San Xoán, de propiedade veciñal.

    Unha chantaxe á que os veciños decidiron non ceder en asemblea e que finalmente levarán a cabo tanto as festas destes días como a procesión. Con todo, os veciños de Bamio aclaran que o das chaves só foi un dos moitos problemas que lle ocasionou este cura desde que chegou.

    Redacción Salnés