O Camiño Portugués xa conta cun albergue na Armenteira

    A variante espiritual do Camiño Portugués xa conta cun albergue público na Armenteira, en Meaño. Esta mañá diversas autoridades visitaron as novas instalacións e inauguraron oficialmente o espazo, que ten capacidade para 32 peregrinos. A variante Espiritual do Camiño de Santiago ten cada vez máis adeptos, e a partir de agora, 32 peregrino poderán pasar a noite no novo albergue ubicado na Armenteira, en Meis. Os traballos consistiron na habilitación da planta baixa desta edificación, adaptándoa para albergar ós camiñantes. O presidente da Fundación Amigos do Camiño Portugués destacou que hai anos que se traballa duro para conseguir levantar este albergue, tan necesario para a promoción desta variante do camiño e da zona da Armenteira. Para o portugués Antonio Devesa, presidente da Asociación de Espazos Xacobeos, esta inauguración reflexa a unión que existe entre Galicia e Portugal, que ten no camiño portugués a súa máxima expresión espiritual. O presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés subliñou o traballo que hai detrás desta variante do Camiño Portugués, e a riqueza que esto xenera.As obras de realización do albergue, foron financiadas cunha partida de 72.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O deputado provincial destacou.Oalcalde de Meis explicou que o albergue está dedicado a Antonio Martínz Vilas, o primeiro que hospedou ós peregrinos de Santiago neste espazo. O desexo que se transmitiu esta mañá na inauguración oficial é que este albergue sexa un punto de comezo para que a partir del poidan xurdir hospedaxes e servizos que complementen ó albergue, e así impulsar a riqueza turística e paisaxística do camiño portugués e súa variantes espiritual. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/inauguracion_albergue_armenteira_30032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/inauguracion_albergue_armenteira_30032017.mp4{/flowplayer}