O PP da Pobra demanda unha nova ampliación do polígono da Tomada

    POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase. As cifras de ocupación do polígono da Tomada falan por sí soas do gran potencial industrial do municipio, onde se emprazan empresas líderes dos máis variados sectores. De aí, a necesidade de dotalo de máis chan empresarial tal e como reclama o Partido Popular, que volverá levar a pleno unha moción para que se acometa unha nova ampliación no polígono trala inaugurada hai ano e medio. A alta demanda de terreos neste polígono está relacionada pola ampla gama de servizos que ofrece. A eles sumarase proximamente a conexión por fibra óptica e a construción dunha gardería. Os populares optan pola ampliación do chan empresarial no termo municipal ante a falla de desenvolvemento do polígono comarcal previsto entre Pobra e Ribeira que non chegou a materializarse.