Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos. Mañá de moita actividade e actualidade no caso dos 13 acusados, realmente son 14 pero hai un que lembramos non se presentou e que será xulgado xeito individual. Os acusados séntase na bancada por unha operación de tráfico de cocaína onde se incautou 3500 quilos desta sustancia. Nesta xornada o xuíz Barreiro suspendeu ata mañá o xuízo para que os letrados teñan a oportunidade de coñecer en profundidade un novo documento que descoñecían. Trátase, supostamente, dun escrito do Mulo onde pon con total claridade quenes están involucrados neste caso e cal era a súa función no mesmo. As defensas dixeron esta mañá que descoñecían este documento e por esta razón o xuizo quedou suspendido nesta xornada ata mañá ás 10:15. Con este novo documento sobre a mesa 9 dos 13 acusados van a recoñecer os feitos. Serán soamente 4 os acusados non recoñecerán os feitos. Co recoñecemento dos feitos, que se considera atenuante, haberá unha rebaixa da condena, dos 17 anos dos que se falaba sitúanse agora en 6-8 anos de prisión para os 9 acusados que mañá recoñecerán os feitos neste xuizo na sección segunda da Audiencia Provincial.
Inicio PONTEVEDRA