Xornalismo e literatura danse cita nas visita cruzadas

Pontevedra> As visitas cruzadas que organizan, dende a Deputación de Pontevedra, no Museo da cidade volveron a ser un éxito. Máis de 50 persoas asistiron a esta cita que ten como fin amosar a arte deste espazo dende outro punto de vista. Os protagonistas nesta ocasión foron o xornalista Kiko Novoa e a poeta e escritora María Lado. A desta semana son visitas diferentes, divertidas, visitas que se converten en únicas onde Kiko Novoa levou ao terreo do xornalismo a arte do Museo. E María Lado tivo moi presente na súa visita a literatura. E entre os asistentes estaba un dos protagonistas da vindeira semana, Quico Cadaval, quen quedou encantado coas visitas cruzadas. Non foi o único que quedou encantado, o público asistente coincide ao afirmar que se tratan de visitas moi especiais e que as recomendan a todo o mundo. TOTAL Dende este luns xa se poden anotar de balde nas derradeiras visitas cruzadas en gabinetedicactico.museo@depo.es serán este domingo 28 de maio ás 12, os protagonistas nesta ocasión a escritora Iria Collazo e o dramaturgo Quico Cadaval.