Amigos de Pontevedra homenaxea a Silvia Aguete, Pablo Dapena ou Miguel Domínguez

PONTEVEDRA> Co comezo do mes de agosto chega á cidade do Lérez un dos eventos máis tradicionais do verán pontevedrés. O día 10 celebrarase a 48ª edición dos premios “Amigos de Pontevedra”. Un evento co que se pretende homenaxear a diversas persoas e entidades pola súa contribución á nosa cidade. Miguel Domínguez Vaz, Silvia Aguete ou Pablo Dapena son algúns dos galardoados deste ano.

Seguro que a moitos de vos xa os soan as súas caras. Silvia Aguete, Victoria Arosa, Monserrat Iglesias, Miguel Domínguez, Jesús Rodríguez, Pablo Dapena e a editorial Kalandraka. Eses son os 7 homenaxeados desta nova edición dos premios Amigos de Pontevedra. Un evento que pretende recoñecer o traballo que este pontevedreses fixeron pola súa cidade.

Silvia Aguete, porteira do Poio Pescamar e da Selección Española e considerada a segunda mellor porteira do mundo. Victoria Arosa, a súa traxectoria profesional ao fronte da peluquería Victoria demostra que é unha empresaria e estilista de éxito. E por último, no lado feminino, Montserrat Iglesias, investigadora, docente e actualmente directora do Instituto Nacional de Artes Escénicas.

No sector masculino, Miguel Domínguez, traumatólogo ex presidente do Pontevedra CF e ex vicepresidente da Deputación. Jesús Rodríguez, coñecido como Observador. Un referente do balonmán pontevedrés. E por último, Pablo Dapena.Cunha traxectoria deportiva de infarto, o triatleta leva sempre a nosa cidade por todo o mundo.

Por último, o premio colectivo deste ano vai para a editorial Kalandraka, por ser un referente da cultura e da literatura da nosa cidade.

Ademais nesta edición, a asociación de Amigos de Pontevedra quere recordar a dúas persoas que faleceron este ano.

O tradicional xantar levarase a cabo o 10 de agosto no Pazo de Congresos. Os interesados en asistir deberán recoller as súas invitacións, antes do día 8 nos Almacenes Clarita, na Vermutería La Famulosa, no Hotel Comercio ou na Cafetería Blanco y Negro.