Os hostaleiros pontevedreses viven unha situación crítica e piden máis axudas de cara á reapertura

PONTEVEDRA> Coa entrada en vigor da fase 1, os hostaleiros poderán reabrir as súas terrazas ao 50% do aforo. Sen embargo, a maioría deles aseguran que non o farán. O sector pide ao Goberno que tome medidas máis concretas e que poña unha solución á inquietude e incerteza que existe entre todos eles.

A preocupación e o malestar continúa medrando no sector da hostalería. A poucos días de que o Goberno permita a estes establecementos abrir as súas terrazas ao 50% do aforo, a maioría deles aseguran non ter garantías de como vai ser esa reapertura.  Por iso, piden as administracións competentes que tomen medidas máis claras e concisas.

E mentres uns se preparan para a reapertura…

Outros aseguran que traballar ao 50% do aforo é unha medida que lles abocará ao peche definitivo.

Co que si están de acordo todos os hostaleiros é que chegou o momento de reiventarse. Por iso, moitos preparan xa novas alternativas de cara á nova normalidade.

Os hostaleiros pontevedreses desexan que chegue xa o día no que poder abrir o seus locais con total seguridade pero para iso cren que é necesario que se tomen máis medidas a nivel local. A máis demandada: a supresión das taxas municipais.

E mentres as medidas non chegan, os hostaleiros seguen traballando dende o silencio para que esta imaxe se poida volver a repetir o antes posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí