As traballadoras de cociña do Hospital Quirónsalud de Pontevedra convocan catro días de folga

PONTEVEDRA> As traballadoras da empresa Servicio, Personas y Salud, encargada do servizo de cociña do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra irán á folga. Serán catro xornadas de paro para protestar polas súas condicións laborais. Non só iso. Denuncian que a empresa está a ofrecer un servizo deficiente aos pacientes, con comida conxelada e menús que en moitas ocasións non atenden ás dietas pautadas.

As traballadoras de cociña do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra denuncian as deficiencias do servizo, que hai preto de dous anos asumiu a empresa Servicios, Personas y Salud, pertencente ao grupo empresarial.

O problema, aseguran, non é só a baixa calidade destes produtos. Tamén alertan do descontrol que se dá na xestión dos menús especiais que teñen algúns pacientes.

Ademais de protestas por estas deficiencias no servizo, as traballadoras denuncian as súas condicións laboral. Actualmente son oito pero a empresa non cubre baixas ou vacacións.

Por iso acordaron ir á folga. Pararán durante catro xornadas, os días 10, 17 e 24 de xuño e 1 de xullo, para denunciar publicamente as condicións do servizo.

Dende Comisións Obreiras lamentan, ademais, que a realidade que se vive neste servizo de cociña é ben diferente da visión que a empresa responsable do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra ofrece a través da súa publicidade.