A fortuna escolle ó concello de Boiro no sorteo de Nadal

    premiosorteonadalboiro_100_22122009.jpgBOIRO> A céntrica administración de loteria número 1 de Boiro reparte cincuenta mil euros en dez décimos do 49.271.

    Tamén a comarca da Barbanza recibiu un pequeno belisco desta loteria de Nadal. A administración número un de Boiro vendeu unha serie do mesmo quinto premio que se repartiu en Caldas, o corenta e nove mil douscentos setenta e un.

    Foron dez décimos do número corenta e nove mil douscentos setenta e un os que se venderon no mostrador deste establecemento de loterías, emprazado en pleno casco urbano boirés. A cada un dos boletos afortunados lle corresponderon cinco mil euros de premio. O xerente desta administración compaxinou a perfección a atención aos seus clientes e os medios de comunicación. Foi a través da televisión como se enterou de que repartira este quinto premio.

    {flowplayer}barbanza/premiosorteonadalboiro.flv{/flowplayer}

    A media mañá, cando a nova xa percorrera todos os recunchos do municipio, nada se sabía ainda dos premiados. Carlos Vázquez non podía asegurar que non devolvera algún dos décimos. O que si sabía seguro era que non tiña nin idea de quenes eran os afortunados, xa que como outros tantos números deste sorteo vendeuse en décimos no mostrador.

    Esta foi a primeira vez nos seus trinta anos de historia que esta administración de lotería entrega un premio do sorteo extraordinario de Nadal. Con todo, ós veciños aos que non sorriu a fortuna, de seguro que tentan a sorte ca lotería do Neno.

    Redacción Barbanza