Pontevedra arría a bandeira da UE

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra baixa a bandeira da Unión Europea. Este mediodía, o alcalde descolgouna para denunciar a política das autoridades comunitarias respecto dos refuxiados. Para Miguel Anxo Fernández Lores trátase dunha chamada de atención para condenar estas actitudes.

O concello de Pontevedra rexeita a política da Unión Europea respecto dos refuxiados. Así o manifestou este mediodía o goberno da capital, co acto simbólico de descolgar a bandeira comunitaria do balcón do consistorio.

Para Fernández Lores, o envío dos refuxiados a Turquía e o peche de fronteiras é unha medida inhumana e impresentable. Máis aínda cando, segundo o alcalde, A Unión Europea ten moita culpa na situación actual.

O xesto tamén foi secundado polo grupo municipal de Marea Pontevedra. Luis Rei pediu que se abandone esta deportación disfrazada, e que a Unión recupere o seu espírito fundacional.

Partido Popular, Partido Socialista e Ciudadanos declinaron participar no acto. Criticaron o que consideran unha falta de respecto aos símbolos, e que a casa do concello se empregue de xeito partidista.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/baixada_bandeira_europea.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/baixada_bandeira_europea.mp4{/flowplayer}