42 concellos da provincia únense ao Plan de Mobilidade Sustentable da Deputación

Pontevedra> Uxío Benítez considera que foi todo un éxito a convocatoria de axudas provinciais para redactar plans de mobilidade sustentable nos concellos. O deputado desta área anunciou que se beneficiarán das subvencións 42 municipios da provincia, o que significa que a administración provincial fará un investimento de 580 mil euros.

Uxío Benítez amosouse esta mañá máis que satisfeito coa convocatoria de axudas provinciais para redactar plans de mobilidade sustentable nos concellos. Unha convocatoria á que se presentaron 42 municipios, o que significa que os dous tercios de concellos da provincia se beneficiarán deste plan.

Dende a Deputación tiveron que aumentar o orzamento destinada a este plan, que pasa dos 300 mil euros aos 580 mil que van a realizar na actualidade.

Para ser beneficiarios deste plan os concellos deberán realizar unha aportación económica do 25 por cento do concello e tamén deberán contar cunha aprobación plenaria para levar a cabo cada unha das actuacións.  Dende este mes de febreiro os concellos terán un prazo dun ano para redactar o proxecto e licitalo.

Os Plans de Mobilidade sustentable subvencionados pola Deputación deberán recoller de forma clara a priorización de actuacións e a metodoloxía proposta para executar actuacións concretas de forma que faciliten a xestión futura por parte dos responsables municipais.