PONTEVEDRA> A Policía Local de Pontevedra incorpora catro desfibriladores ao seu equipamento. Tres estarán en coches patrulla e un quedará de xeito permanente na sede do corpo. Para aprender a manexalos, os axentes recibiron unha formación de dez días. Ademais, estas novas ferramentas están equipadas con material para axudar na rúa a persoas con fracturas ou hemorraxias. Como curiosidade, son os primeiros catro desfibriladores que dan as súas instrucións en galego.
Catro desfibriladores súmanse ao equipamento da Policía Local de Pontevedra. Un deles permanecerá na sede do corpo; os outros tres estarán en coches patrulla.
Cada un destes desfibriladores tivo un custo aproximado de 900 euros. Os axentes recibiron unha formación de 10 días para aprender a manexalos. O equipamento complétase ademais con material para atender na rúa a persoas con hemorraxias.
Con esta compra, o concello avanza nunha vella demanda para dotar as instalacións públicas de desfibriladores.
Como curiosidade, cabe destacar que estes catro desfibriladores da Policía Local de Pontevedra son os únicos no mundo que dan as súas instrucións en galego.











