PONTEVEDRA> Tras 10 meses retirado da política, Mariano Rajoy volveu a reaparecer en Pontevedra. O ex presidente do Goberno participou nun mitin do Partido Popular no que estivo acompañado por Alberto Núñez Feijóo, Ana Pastor e Rafa Domínguez.
Todos os focos estaban postos nel. Tras dez meses afastado da vida política, Mariano Rajoy decidiu reaparecer na súa cidade. E o fixo nun auditorio abarrotado de simpatizantes e no que estivo arroupado por Alberto Núñez Feijóo, Ana Pastor, Alfonso Rueda e Rafa Domínguez.
O expresidente do Goberno pediu o voto para o Partido Popular e vaticinou unha vitoria nas próximas eleccións xerais.
Mariano Rajoy asegurou que, a pesar dos meses afastado da primeira liña política, continúa estando informado dos asuntos que preocupan a todos os españois.
O mitin do Partido Popular converteuse finalmente nun acto de homenaxe ao expresidente do Goberno grazas as palabras de cariño dos seus amigos e compañeiros.