Os deputados do PP únense aos veciños para esixir a construción de beirarrúas en Campelo

POIO> Veciños e Partido Popular reclaman beirarrúas para Campelo, en Poio. Os deputados provinciais da formación visitaron esta mañá o entorno, e anunciaron que esixirán á Deputación que respecte o compromiso do anterior goberno para urbanizar esta estrada. Tamén invitaron os veciños a participar no vindeiro pleno para dar máis pulo á reclamación.

 

Os veciños de Campelo reclaman beirarrúas para a estrada provincial que atravesa o lugar. Denuncian que en moitos puntos carecen tamén de beiravías para camiñar por unha zona na que hai un colexio, un centro de saúde e unha igrexa.

Co anterior goberno da Deputación chegaran a un acordo. Rafael Louzán comprometera 1 millón 700 mil euros, dos cales un 70% sairía das arcas provinciais e un 30 das municipais. Ademais, o concello tiña que conseguir a cesión gratuíta dos terreos. Unha xestión que, segundo os populares, non se realizou polo que non se puido iniciar o proxecto. A reclamación dos deputados do PP é que a construción das beirarrúas de Campelo se inclúa nos orzamentos do vindeiro ano. 

Tamén invitaron os veciños a asistir ao pleno para dar máis pulo á petición.

O proxecto impulsado por Rafael Louzán contemplaba o ancheamento da plataforma da estrada, permitindo a construción de dúas beirarrúas, unha en cada marxe, e unha franxa de aparcadoiro. Tamén se instalarían servizos como saneamento, abastecemento de auga e as canalizacións de telefonía e electricidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/deputados_pp_campelo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/deputados_pp_campelo.mp4{/flowplayer}