A xornalista María Varela inaugura as Festas da Peregrina

Pontevedra>  Fin de semana de intensa actividade en Pontevedra. O sábado deron comezo as festas da Peregrina co pregón de María Varela, a redactora xefa do Diario de Pontevedra. Varela foi a encargada de adicar unhas verbas a todos os que a acompañaron na Praza da Pedreira, a súa historia na cidade, o xornalismo e os xornalistas e o papel da muller na actualidade estiveron moi presentes nese pregón.

O sol lucía, e máis de 200 persoas acompañaron María Varela e ao inicio das festas dende a Praza da Pedreira. María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra,  foi a elixida neste 2018 para dar o pistoletazo de saída a esta celebración, ás Festas da Peregrina na cidade. Un balcón, o do Pazo de Mugartegui, no que estivo acompañada polo alcalde da cidade, a presidenta da Deputación, a subdelegada do Goberno e a concelleira de festas. Durante o seu discurso María Varela fixo referencia ao xornalismo e aos xornalistas.

E como non nas súas verbas non faltou a súa relación e historia coa cidade, e o importante papel da muller nos tempos que corren.

Por último María Varela adicou un brinde polas que están e polas que non están. A continuación o alcalde acendeu o foguete que simbolicamente da paso ao inicio das festas da Peregrina, onde miles de papeis de cores saltaron polo aire.  Despois o ambiente festivo chegou a todas as rúas da cidade a cargo das charangas e agrupacións folclóricas que tan ben acompañados foron polos xigantes e cabezudos da Boa Vila.