Pontevedra> Pleno movidiño hoxe na Deputación de Pontevedra. César Mosquera, presidente accidental pola ausencia de Carmela Silva, tivo encontronazo coas populares Elena Muñóz e Nidia Arévalo. A queixa da eliminación dunha moción do PP e o exceso de tempo foron os asuntos que fixeron do de hoxe, un pleno máis tenso do habitual. Houbo tensión hoxe no pleno da Deputación. En primeiro termo entre Elena Muñoz e o presidente accidental César Mosquera. Muñóz soliticou explicacións sobre a decisión do pleno de non aceptar unha moción do seu partido na que solicitaba explicacións sobre supostos casos de corrupción de Carmela Silva co suposto enchufe da súa cuñada. Mosquera insistíu en que ao pleno non lle competen eses asuntos… O encontronazo repetíuse con Nidia Arévalo cando Mosquera lle pechou o micro por exederse en tempo sobre asuntos que nada tiñan que ver coa moción que estaban debatindo. Ao que Mosquera deixou claro que hai que ceñirse ao tempo establecido e deixar de facer do pleno un circo. Un pleno que aprobou cos votos a favor do grupo SON- Marea e BNG unha moción pola diversidade fronte a eucaliptización.
Inicio PONTEVEDRA