Arquivada a causa contra os ex-dirixentes da confraría de Cabo de Cruz

    BOIRO> A Xustiza arquivou a causa contra os exdirixentes da confraría de Cabo de Cruz por un presunto delito de fraude de subvencións. Con sobresemento provisional do caso dase carpetazo ó proceso no que o expatrón maior e a expresidenta das mariscadoras estaban acusados de apropiación indebida, falsidade documental e estafa. En marzo de 2015, o ex patrón maior de Cabo de Cruz, Carmelo Vidal, e a ex presidenta da agrupación de mariscadores, Ermitas Pérez, eran detidos no marco da operación Vipe. Tralo rexistro das súas respectivas vivendas e das oficinas da confraría, imputóuselles a comisión dn delito de apropación indebidade, falsidade documental e estafa. O Xulgado de Instrución Número dous de Ribeira vén agora de decretar o sobresemento provisional da causa ó non estar debidamente xustificada a comisión do delito de fraude de subvencións ó non alcalnzar a cantidade defraudada os cento vinte mil euros. Haberá que agardar á resposta da acusación particular e da Fiscalía que, se ben reclamou o sobresemento parcial da fraude de subvencións, solicitou que continuase a investigación dos outros presuntos delitos. A resolución xudicial non é firme polo que poden presentar recurso. Pola súa banda, Carmelo Vidal prefire agardar a que a sentenza sexa firme para facer valoracións. Aínda que é consciente de que ten aínda por diante un longo procesos xudicial, afirmou sentirse satisfeito ante este primeiro fallo favorable xa que, como sempre defendeu, dixo ter a conciencia ben tranquila e as mans moi limpas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí