NOIA> Durante toda a fin de semana sucedéronse numerosas actividades que xiraron ó redor do tradicional mercado medieval. Este ano ademais cun protagonismo especial ó conmemorarse o 850 Aniversario da Fundación da vila. Música…xogos…espectáculos…e ata un torneo medieval… estes foron algún dos atractivos da feira medieval de Noia que este ano chegaba a súa vixésimo primeira edición. Durante os tres días nos que se prolongaron os festexos as rúas da vila convertéronse nun ir e vir de xente. Un feito que destacaron dende o Concello. Este ano ademais cun protagonimso especial, ó conmemorarse o 850 aniversario da fundación da vila noiesa. O mercado medieval foi un dos grandes protagonistas coa participación de preto de douscentos postos que encheron de actividade practicamente todo o casco histórico da vila. Tampouco faltaron outro tipo de actividades e espectáculos. Houbo actuacións teatrais a cargo de diversas compañías; e tamén exhibicións de cetrería e de tiro con arco. Os torneos medievais foron tamén nun dos grandes atractivos e as rúas amenizáronse con pasarúas a cargo de diversos grupos de época. Pero o punto máis destacado producíase á medianoite do sábado na Alameda coa representación de O periplo de Arnolfo, rememorando a travesía marítima realizada por este dende as terras do norte ata Noia, como primeira etapa na súa peregrinaxe a Compostela.
Inicio NOIA