A estación violenta vive os seus últimos días de rodaxe en Pontevedra

Pontevedra> O mercado de Abastos, de Pontevedra, converteuse esta mañá nun plató de cine. Alí filmouse unha das últimas escenas da película A estación violenta. Unha novela de Manuel Jabois que será levada a gran pantalla baixo a dirección de Anxos Fazáns. A gravación deste traballo rematará este venres. Dende o equipo de produción agardan poder presentala no 2018. A rodaxe da Estación Violenta está chegando ao seu fin. Pero antes de rematar o traballo parada en Pontevedra, no mercado de Abastos. Unha película dirixida por Anxos Fazáns e protagonizada por Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato. Unha longametraxe da novela de Manuel Jabois. Pontevedra ten un papel moi importante nesta película baseada na novela de Jabois. Aínda que a directora ten claro que o texto orixinal é un punto de apoio, nada máis. A estación violenta será a primeira adaptación ao cine dun libro de Manuel Jabois e a primeira longametraxe dirixida por Anxos Fanzáns. Un traballo que agardan poder presentar ao longo do 2018.