Pontevedra contará cun novo parque de 1500 metros

PONTEVEDRA> Pontevedrá contará nun novo parque a partir do ano que vén. O concello presentou esta mañá o proxecto de axardinamento dunha parecela duns 1.500 metros entre as rúas Joaquín Costa e 12 de novembro. O novo espazo contará con mesas para o descanso e árbores de gran porte para dar sombra.

Esta é unha das zonas de Pontevedra que máis está a medrar e iso implica tamén a necesaria creación de máis espazos de lecer. O Concello proxecta para esta parcela un novo parque que dea resposta ás necesidades dos veciños de toda a vida, pero tamén aos que se van instalar nos vindeiros anos. O proxecto suporá un investimento de 50.000 euros.

Ademáis contémplase a restauración da histórica fonte, sistema de rego e reforzo da iluminación. O goberno local conta con que as obras poidan arrancar na primavera cun prazo de dous meses. Este proxecto únese a outras grandes actuacións na zona: a pasarela de 12 de novembro e melloras no parque de Amalia Álvarez.