A Fundación Celta organiza un Campus de Verán en Ribeira

    RIBEIRA> Ribeira acollerá entre o trinta e un de xullo e o catro de agosto o Campus de Verán da Fundación Celta. Os nenos, de entre catro e dezaseis anos, aprenderán da man dos adestradores do club non só técnicas deportivas senón tódolos valores que conleva. O campus está dirixido a rapaces de catro a dezaseis anos e divídese en catro áreas de traballo. A cota da inscrición é de cento trinta euros para externos e cento quince para socios. O prezo inclúe a equipaxe oficial. Poderase formalizar a través da web fundacioncelta.com. Este campus enmárcase nas actividades do convenio entre o Celta e o Atlético Riveira asinado hai un ano.