Prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do crime machista de Ribeira

RIBEIRA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do asasinato machista acontecido en Ribeira o pasado 19 de marzo. Juhl Príncipe Casahuaman pasaba a primeira hora desta mañá a disposición xudicial tras recibir a alta hospitalaria despois de dúas semanas ingresado no hospital Clínico de Santiago, recuperándose das feridas que el mesmo se inflixiu coa intención de quitarse a vida tras matar presuntamente á súa ex parella, Andrea Yturry.

Tras prestar declaración durante preto de tres horas, a titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Ribeira especializado en violencia de xénero, decretou o seu ingreso no cárcere de Teixeiro por un delito de homicidio con agravantes por razón de xénero.  

A vítima e o seu prefunto asasino foran parella ata hai uns meses e tiñan un fillo de dous anos. A xuíza ratificou tamén a atribución da custodia do neno á aboa materna sen dereito a visitas nin comunicación co proxenitor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí