Os escolares de Ribeira mergúllanse na obra de Neira Vilas

    visitaneiravilasribeira100.jpgRIBEIRA> Xosé Neira Vilas inaugurou en Ribeira a mostra ‘Querido Balbino 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’.

    {flowplayer}barbanza/visitaneiravilasribeira.flv{/flowplayer}

    Tras percorrer diversas vilas de toda Galicia dende a súa inauguración en abril do pasado ano, a exposición ‘Querido Balbino’ recalouno auditorio de Ribeira. Trátase dunha mostra que, a través dun percorrido pola historia de Balbino, protagonista da novela, e da vida do propio autor, Xosé Neira Vilas, conmemora o cincuenta aniversario da publicación desta obra que adquiriu carácter universal.

    Obra universal

    Nestes máis de cincuenta anos, téñense editado preto de setecentos mil exemplares da obra, traducida a tódolos idiomas e que, segundo apuntou o alcalde de Ribeira, constitúe unha das obras máis importantes da literatura galega moderna.

    Nos mesmos termos pronunciouse o secretario xeral de política lingüística, departamento que promove a exposición, quen animou ós rapaces a aproveitar a presenza do autor para plantexar as súas dúbidas.

    Tras inaugurar a mostra, Neira Vilas visitou o CEIP de Frións onde ofreceu unha charla para os escolares sobre a historia de Balbino, o neno labrego, na que se resume boa parte da esencia de Galicia do último século.

    Redacción Barbanza