Terras de Asorei súmase a Galicia Calidade

    MEIS> Terras de Asorei xa forma parte de Galicia Calidade. A adega recibiu o selo este mediodía de mans co conselleiro de Economía, que destacou a mestura de calidade, tradición e innovación na industria do viño. Para Terras de Asorei esta acreditación é un paso máis na súa aposta pola adega 4.0, e na modernización das súas instalacións. Os caldos de Terras de Asorei xa poden levar o selo de Galicia Calidade. A adega recibiuno oficialmente de mans do Conselleiro de Industria, que visitou as súas instalacións no concello de Meis. Do case centenar de empresas que forman parte de Galicia Calidade, catorce son adegas das cinco denominacións de orixe galegas. Terras de Asorei xa é unha más, que aposta por este selo para respaldar a calidade dos seus caldos. Conde tamén felicitou á adega pola renovación integral que están a construír ao redor do seu proxecto. A intención de Terras de Asorei é a de camiñar cara a adega 4.0, mellorando a súa produción e ofrecendo unha trazabilidade cada vez máis exacta dos seus produtos. Nos vindeiros meses este proxecto continuará evolucionando. De feito, a adega estrea imaxe corporativa e proximamente comezará a reformar as súas instalacións en Meis. Na actualidade, Terras de Asorei produce tres marcas de viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e exporta a preto de 15 países, tanto dentro como fóra de Europa. Un camiño que queren seguir percorrendo.