Pontevedra acolleu a X gala dos premios HG&T- AGAXET

    galahosteleria100_211107.jpgPONTEVEDRA > Case setecentos convidados foron onte testemuñas da décima entrega dos premios de Turismo e gastronomía…

    …da revista “Hostelería galega e turismo”, que se entregaron no transcurso dunha gala conducida polo actor grovense Javier Veiga, con actuacións musicais, cóctel de luxo e unha posta en escena extraordinaria. Á celebración acudiron persoeiros da escena política, social, cultural, e como non, hostaleiros.

    O evento caracterizouse por unha coidada imaxe e unha aposta polas novas tecnoloxías e o deseño moderno, o que lle conferiu un caracter innovador e moi entretido ao estar conducido por Javier Veiga.

    No transcurso da gala entregáronse tamén os galardóns aos gañadores dos campionatos galegos de sumilleres 2006 e 2007, e aos xefes de sala- maitres 2007. A partir deste ano, pasará a celebrarse de xeito definitivo en Pontevedra, dado que anteriormente rotaba polas catro provincias galegas.

    O alcalde de Pontevedra resaltou o importante paso que da a cidade cara a diante na súa proposta de turismo non só de verano senón para todo o ano.

    Dos doce premios que se entregaron cabe destacar o de mellor campaña turística, para Turgalicia, O mellor anuncio para Mapie de Estrella Galicia ou o mellor aloxamento para o balneario de Mondariz. T

    rala entrega de premios, serviuse un cóctel- cea a cargo de dous dos cociñeiros galegos de maior proxección, Taki Rodríguez e Marcelo Tejedor, regado con viños das cinco denominacións de orixe galegas.

    Redacción Salnés