O Ministerio de Educación outorga ao IES Luis Seoane o premio Nacional de Convivencia Escolar

Pontevedra>  O Ministerio de Educación ven de outorgarlle ao Instituto Luis Seoane de Pontevedra o premio Nacional de Convivencia Escolar. Un recoñecemento que chega polo traballo realizado dende o ano 1997 a prol das escolas asociadas á UNESCO. Esta mañá estivemos neste centro e tivemos a oportunidade de coñecer os traballos nos que estiveron e están centrados neste curso escolar. 

 

Moito traballo e moita implicación do profesorado, pais e nais e alumnos do Instituto Luis Seoane de Monteporreiro. Este ano veñen de recibir o premio Nacional de Convivencia Escolar que outorga o Ministerio de Fomento. Un recoñecemento que  chega grazas ao proxecto “Aprender a convivir no marco dunha escola asociada á Unesco. Un proxecto colectivo”. Un galardón que premia todo o traballo realizado dende o ano 1997 dende este centro. 

A recompensa económica deste premio é de 10 mil euros e irán investidos na proxección e fomento do modelo educativo que dende este centro asociado á Unesco defenden. Esta mañá poidemos coñecer os proxectos que teñen postos en marcha para este curso escolar. Proxectos que coñecemos da man dos seus protagonistas, os alumnos deste instituto. 

Dende este centro, a responsable de actividades Unesco, ven dunha importante viaxe a Cuba que tivo como fin potenciar tres proxectos do instituto no marco do Congreso de Pedagoxía 2017. 3 proxectos que tiveron unha importante repercusión no Congreso que son o da Igualdade, Representando o presente, e as Familias Mestras. Outro dos fins desta viaxe é o que conseguir que Cuba apoie o seu proxecto Atlántico como iniciativa clave dentro das escolas asociadas á UNESCO. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/premio_luis_seoane_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/premio_luis_seoane.mp4{/flowplayer}