A importancia das palabras na reivindicación do 8M

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá un acto con motivo do 8M. A corporación provincial despregou unha pancarta na fachada do Pazo e, a continuación, presentou a peza “A fortaleza da razón”. Unha acción artística de Irene Silva.

“Por nós, por todas”. Ese é o lema elixido pola Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día Internacional da Muller. Un lema que dende esta mañá colga da balconada do Pazo. Ademais desta lona, a institución provincial quixo que os paraugas tomasen especial importancia na celebración deste 8M.

Esta acción artística, titulada “A fortaleza da razón”, foi creada por Irene Silva e contou coa colaboración da Asociación Cultural Alfombras de Bueu.

En total 200 paraugas e 100 palabras cos que a Deputación de Pontevedra quere dar un paso máis na loita pola igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí