A partir do 1 de xuño o PAC de Portonovo terá un novo pediatra

    O Centro de Saúde de Portonovo cubrirá a partir do 1 de xuño a praza de pediatra que quedaba vacante desde a xubilación do anterior doutor. Esta era unha demanda veciñal que provocou diversas manifestacións e protestas durante os últimos meses. Aínda así, desde a Plataforma de Afectados afirman que o municipio debería contar con 3 pediatras. Na última manifestación, no mes de abril, medio milleiro de veciños de Portonovo esixiron melloras para o centro de saúde de Baltar. Entre as demandas máis urxentes, aumentar o servizo de pediatría, e contar cunha ambulancia medicalizada durante todo o ano, e non só nos meses de verán. Esta mañá, os veciños desta parroquia de Sanxenxo, y desde a plataforma de afectados, continuaban queixándose das mesmas carencias. Precisamente esta mañá, mentres falaban con nós sobre esta problemática, representantes da plataforma entraron no PAC, acompañados nesta ocasión polo voceiro de En Marea, Luis Villares, que durante a súa visita a Sanxenxo tamén quixo coñecer de primeira man a situación do centro de saúde. Ó saír a presidenta da plataforma confirmábanos a noticia agardada. Nesta ocasión a presión veciñal, e as protestas que levaron a cabo nos últimos, conseguiron cubrir unha das prazas que estaba sen ocupar. Pero aínda así, os veciños, cren que aínda queda moito que conseguir para o perfecto funcionamento deste PAC, sobre todo agora no verán, cando Sanxenxo se converte na terceira cidade de Galicia con maior proboación.