Coñecer os riscos para previr o consumo de cánnabis

    Os escolares de terceiro da ESO de tódolos centros educativos asistiron esta mañá a unha charla sobre o cánnabis. Manuel Isorna., profesor universitario e técnico do plan de prevención do concello de Catoira, expuxo ós rapaces os riscos derivados do consumo desta droga. Desbotar certos mitos relacionados co cánnabis que tenden a presentalo como unha droga inocua. Este é un dos obxectivos que busca Renacer coa organización de charlas como a que esta mañá impartiu en Ribeira Manuel ISorna. Non só se abordaron os moitos riscos para a saúde derivados do consumo da droga senón que tamén houbo tempo para tratar os usos terapéuticos da planta, aplicada con éxito no tratamento dalgunhas doenzas. Esta conferencia enmárcase nas actividades programadas por Renacer ó longo deste curso escolar como complemento á formación nos distintos talleres escolares.