A Mancomunidade do Salnés estrea as súas novas instalacións

    CAMBADOS> Despois de 15 anos nunhas oficinas provisionais a Mancomunidade de O Salnés xa ten as súas propias. Unhas instalacións completamente renovadas que se sitúan en Exposalnés, e que esta mañá foron as protagonistas do acto de inauguración ao que acudiron numerosos rostros políticos e sociais da contorna… A Mancomunidade de O Salnés está de estrea. Este xoves o presidente e o xerente da entidade recibiron a numerosos rostros políticos e sociais da contorna para presentar en sociedade, as que dende hoxe son as súas novas oficinas en Expolsanés, que ocupan tres plantas. Estas novas dependencias son unha cesión do concello de Cambados. Este xoves o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asinaron o convenio que oficializa esta nova etapa da Mancomunidade. Despois de numerosos problemas detectados que favorecían a aparición de humidades e filtracións de augas, e das obras que deron solución aos mesmos, a Mancomunidade ten unha nova sede a altura das súas circunstancias. Os traballos de mellora tiveron un custe que oscilou entre os 60.000 e os 70.000 euros, e de agora en diante a entidade supramunicipal farase cargo dos gastos das instalacións

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí