PONTEVEDRA> Máis de medio milleiro de inscritos xa na Milla Solidaria pola Diabetes que se celebra este domingo en Pontevedra. A cita cumpre a súa décima edición, organizada pola asociación Anedia e o Club de Atletismo Rías Baixas.
Este domingo, o deporte irá da man da saúde en Pontevedra. As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerán a décima edición da Milla Solidaria-Móvete pola Diabetes.
Dende Anedia celebran este décimo aniversario dunha proba que permite dar visibilidade a unha enfermidade que, aseguran, a día de hoxe continúa a ser unha gran descoñecida.
A día de hoxe hai máis de 500 inscritos para participar nesta actividade. Unha xornada na que se realizarán probas populares para todas as idades e para deportistas federados.
De xeito paralelo, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá o debut do atleta Gustavo Dacal no lanzamento de xavelina adaptada. O seu obxectivo é bater o récord de España adaptado.