Rías Baixas afiánzase como a sétima DO de España

PONTEVEDRA> Rías Baixas continúa a recibir boas novas. A Denominación de Orixe vése beneficiada polo contexto positivo do viño en España, afianzándose como a sétima das DOs en todo o estado. Dun mercado español que se sitúa por enriba dun total de 630 millóns de litros de viño, 378 millóns pertencen a caldos con DO. Deles, o 3% estaríanse a consumir de Rías Baixas. Unha ampla maioría, ademais, na canle da hostalería. Falamos con Ricardo Alcón, comercial manager ‘Nielsen Company’, e Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador da DO Rías Baixas.