Os estudantes pontevedreses únense á folga mundial polo clima

PONTEVEDRA> A Praza da Peregrina acollerá este venres a concentración convocada pola Rede de Escolas Asociadas á Unesco con motivo da folga mundial polo clima. Unha concentración na que o alumnado pontevedrés dará voz a unha protesta internacional: a emerxencia climática. Unha cita que forma parte do programa municipal Efecto PO2.

Mobilizar, visibilizar e concienciar á cidadanía sobre a emerxencia climática. Ese é o obxectivo principal da concentración convocada pola Rede de Escolas Asociadas á Unesco para este venres. Unha protesta con motivo da folga mundial polo clima que terá lugar na praza da Peregrina ás 12:00 horas.

E malia que esta concentración está aberta a toda á cidadanía, os protagonistas serán os estudantes pontevedreses. Eles serán os encargados de ler un manifesto e de mostrar as consecuencias locais desta crise climática.

Co obxectivo de ter unha educación transformadora e sostible, os centros educativos de Pontevedra están traballando, a través de diferentes actividades, para preparar e para e concienciar aos nenos e nenas sobre a emerxencia climática. Un traballo para conseguir cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e coa Axenda 2030.

Pero o traballo que se está a realizar dende a Rede de Escolas Asociadas á Unesco e dende a Fanpa non quedará unicamente na concentración do venres. Estes colectivos levarán a cabo diversas actividades integradas dentro do programa municipal Efecto PO2 para involucrar non só aos nenos, senón tamén as súas familias, sobre a importancia de transformar o presente para mellorar así o futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí