PONTEVEDRA> Aumenta o malestar en Pontevedra polo peche de Raíña Vitoria. Agora, as críticas do PP céntranse no PSOE, despois de que este partido votase onte en contra da reapertura da Avenida. Os populares acusaron hoxe aos socialistas de “seguidismo e sumisión” a Lores.
Tras acusar ao BNG de falta de sensibilidade cos comerciantes e veciños polo peche de Raíña Vitoria, o PP centra agora as súas críticas no PSOE. A agrupación liderada por Tino Fernández votou onte en contra da reapertura desta rúa. Fíxoo despois de que a edil Gloria Blanco visitase aos hostaleiros e comerciantes da zona para manifestarlles o seu apoio.
Para os populares, a actitude do PSOE é unha traizón a Pontevedra. Neste sentido, Rafa Domínguez acusou hoxe aos socialistas de “seguidismo e sumisión” a Lores.
A corporación municipal debaterá no Pleno do vindeiro luns sobre a reapertura desta rúa. O voceiro popular pediu hoxe aos socialistas que reflexionen sobre o seu voto.