![]()
A ILLA> Portos de Galicia presentou esta tarde catro propostas de actuación para ordenar o Peirao do Xufre, na Illa de Arousa.
{flowplayer}images/salnes/estudio_porto_xufre.flv{/flowplayer}
En todas elas recóllense prazas de amarre dabondo para os 439 barcos deste peirao e os 144 mexilloeiros. Agora deberá ser a comunidade portuaria illense a que decida cal se axeita máis ás súas necesidades. Este estudio custou uns 50.000 euros. A partir de agora serán os usuarios e a propia Confraría Illense os que decidan entre as catro opcións; todas elas con pantaláns aboiantes de abrigo das embarcacións. A principal diferencia entre as catro alternativas estriba na ubicación dos pantaláns.
Na alternativa número 1 proxéctanse catro liñas de pantalán para a 4ª lista na dársena exterior, xunto ao dique de abrigo.
Na alternativa número 2 as prazas de amarre para a cuarta lista distribúense en tres liñas de pantalán na zona da dársena exterior máis próxima ao dique. A continuación, tamén na dársena exterior, pero na zona máis próxima á central, situaríanse as 5 liñas de pantalán de pesqueiras, conectadas a unha pasarela ata terra.
Na alternativa número 3, ao igual que na 1, os amarres dos mexilloneiros distribúense en catro liñas na dársena exterior xunto ao dique de abrigo e protéxense cun dique aboiante de 180 metros, perpendicular a este. En canto as prazas pesqueiras, proxéctanse 6 liñas de pantalán entre a dársena central e a exterior, unidas neste caso a terra por unha pasarela ata a zona do espigón.
A alternativa número 4 mantén a mesma ubicación das liñas de pantalán que a número 3. Sen embargo distribúe as prazas da 3ª lista en sete liñas fronte ás seis que se prevén na alternativa anterior. A maior diferencia establécese na fórmula de abrigo.
A partires de que a comunidade portuaria escolla unha destas catro opcións, comezará o proceso de redacción do proxecto e da adxudicación da obra. Malia a situación de crise que atravesamos, esta actuación conta co compromiso de execución, aínda que por fases, da Xunta de Galicia.
Redacción Salnés








