![]()
VILANOVA> Os empregados da residencia Valle Inclán tiñan convocada unha concentración pero un acordo coa empresa fixo que se desconvocase.
{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_RESIDENCIA_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Esta mañá os traballadores da Residencia da terceira idade Valle Inclán de Vilanova tiñan previsto protagonizar unha concentración ás portas destas instalacións ante a falta de cobrala nómina de xaneiro. Finalmente un acordo coa empresa fixo que se desconvocase a protesta.
Os feitos remóntanse ó ano pasado cando a empresa estivo en concurso de acredores. A data 31 de decembro, o xulgado do mercantil o resolveu tras chegar os administradores concursais a un acordo tanto con Facenda, coma coa Seguridade Social, os traballadores e provedores. O antigo propietario retomou as rendas da empresa en xaneiro.
Segundo nos informaron desde a CIG, os problemas comezaron fai uns anos cando o actual propietario se quedaba cos beneficios da empresa o que foi impedindo facer efectivos os pagos a provedores e traballadores.
Agora, unha vez resolto o concurso, ademais de retomalas mobilizacións se non se paga os salarios ós traballadores, vixiarán que se cumpra o pactado co xulgado do mercantil.
Redacción Salnés










